Skip to main content
iRubric: Rúbrica dunha presentación multimedia [elaborada en Grupo] rubric

iRubric: Rúbrica dunha presentación multimedia [elaborada en Grupo] rubric

find rubric

edit   print   share   Copy to my rubrics   Bookmark   test run   assess...   delete   Do more...
Rúbrica dunha presentación multimedia [elaborada en Grupo] 
Esta rúbrica ten por obxecto axudarvos na elaboración das presentacións que tedes que facer en grupo. Cada categoría na columna da esquerda representa un elemento que se terá en conta na calificación final deste exercicio. Revisade cuidadosamente estos aspectos, antes, durante e despois da creación da presentación, para asegurarvos que todos os elementos previstos na avaliación foron contemplados, e que estades a facer o traballo cumplindo cos criterios establecidos.
Rubric Code: NXW3A84
Ready to use
Public Rubric
Subject: Computers  
Type: Presentation  
Grade Levels: K-5, 6-8

Powered by iRubric Rúbrica
Avaliación dunha presentación multimedia [elaborada en Grupo]
  Exemplar

4 pts

Bo

3 pts

Aceptable

2 pts

Necesita traballo

1 pts

Coñecementos adquiridos
20 %

Exemplar

Todos os membros do equipo poden contestar adecuadamente todas as preguntas relacionadas coa información da presentación e o proceso técnico usado para creala.
Bo

Todos os membros do equipo poden contestar adecuadamente a maioría das preguntas relacionadas coa súa presentación e o proceso técnico usado para creala.
Aceptable

Algúns dos membros do equipo non poden contestar adecuadamente algunhas das preguntas relacionadas coa información da súa presentación ou do proceso técnico usado para creala.
Necesita traballo

Varios membros do equipo parecen ter pouco coñecemento sobre a información e procesos técnicos usados na presentación.
Avaliamos a Presentación
Deseño da información
10 %

[Análise e selección da información]

Exemplar

O tema analízase con claridade e de xeito organizado. Todas as diapositivas son relevantes e a información na presentación é correcta.
Bo

O tema analízase con claridade e de xeito organizado. Case todas as diapositivas son pertinentes. Prácticamente toda a información da presentación é correcta, só hai algunha imprecisión menor.
Aceptable

A organización do tema da presentación é algo confusa ou imprecisa. Faltan algunas diapositivas e información relevante ou hai algúns erros e imprecisións.
Necesita traballo

A presentación carece de organización e é confusa e imprecisa. Hai abundantes erros e imprecisións na presentación.
Deseño da Presentación
10 %

[Maquetación]

Exemplar

A diapositivas son atractivas. O texto é fácil de ler. Os gráficos, imaxes, elementos multimedia e efectos utilízanse para mellorar a presentación.
A información é relevante e apoiase en imaxes ben seleccionadas.
Bo

As diapositivas son atractivas. O texto é fácil de ler. Máis da metade das diapositivas usan gráficos e efectos para mellorar a presentación. A información está soportada adecuadamente coas imaxes.
Aceptable

As diapositivas pódense ler, pero a cantidade de texto é moi grande para a cantidade de espazo dispoñible. Menos da metade das diapositivas teñen imaxes, gráficos ou efectos. Ás veces a información está soportada en imaxes.
Necesita traballo

As diapositivas non son fáciles de ler. A cantidade de texto é demasiado grande para o espazo dispoñible. Hai pouco uso de gráficos ou efectos.
Os gráficos e imaxes non van co texto, aparentan ser escollidos sen ningún criterio.
Deseño da Interacción
10 %

[A comunicación]

Exemplar

O traballo preséntase por todos os membros do equipo de xeito colaborativo.
Expón con voz alta e clara e non se para a ler ou mirar para a pantalla durante a exposición.
Bo

O traballo preséntase por todos os membros do equipo.
Expón con voz alta e clara, pero vólvese á pantalla de cando en vez.
Aceptable

Case todos os membros do equipo participan na presentación. O Orador presenta cunha voz que ás veces é clara, pero refírese constantemente á presentación.
Necesita traballo

Só algúns membros do equipo participan na presentación.
A exposición non é clara e non se lle escoita, a súa comunicación redúcese a unha lectura da presentación.
Ortografía e revisión
10 %

Exemplar

Non quedan erros ortográficos ou gramaticais despois de que outra persoa, ademáis do macanógrafo, lea e corrixa a presentación.
Bo

Non queda máis que 1 erro ortográfico ou gramaticais despois de que outra persoa, ademáis do mecanógrafo, lea e corrixa a presentación.
Aceptable

Non quedan máis que 3 erros ortográficos ou gramaticais despois de que outra persoa, ademáis do mecanógrafo, lea e corrixa a presentación.
Necesita traballo

Quedan varios erros ortográficos ou gramaticais na presentación.
Fontes e dereitos de autor
10 %

[Ética do traballo]

Exemplar

As fontes dos textos e gráficos utilizados na presentación aparecen citadas de xeito claro e preciso. Non se inclúe material daqueles sitios na rede que estipulan que se debe obter permiso para a súa reutilización.
Bo

Case todas as fontes dos textos e gráficos utilizados na presentación aparecen citadas de xeito claro e preciso. Non se inclúe material daqueles sitios na rede que estipulan que se debe obter permiso para a súa reutilización.
Aceptable

A maioría das fontes dos textos e gráficos utilizados na presentación aparecen citadas de xeito claro e preciso. Non se inclúe material daqueles sitios na rede que estipulan que se debe obter permiso para a súa reutilización.
Necesita traballo

A información reproducida non está documentada apropiadamente ou o material foi reproducido sen permiso dos sitios na rede que así o requeren.
Avaliamos o Traballo en Grupo
Contribución ao grupo
10 %

Exemplar

Sempre proporciona ideas útiles cando participa no seu grupo ou no debate en clase. É un líder definido que contribúe moito co seu esforzo.
Bo

Polo xeral, proporciona ideas útiiles cando participa no grupo e nos debates en clase. É un membro forte do grupo que se esforza.
Aceptable

Algunhas veces proporciona ideas útiles cando participa no grupo e nos debates en clase. É un membro do grupo que fai o que se lle pide.
Necesita traballo

De cando en cando proporciona ideas útiles cando participa no grupo e nos debates en clase. Pode negarse a participar.
Traballo Cooperativo
10 %

Exemplar

Os compañeros mostran respecto polas ideas de cada un, dividen o traballo de forma xusta, mostran un compromiso pola calidade do traballo e apóianse uns a outros.
Bo

Os compañeros mostran respecto polas ideas de cada un e dividen o traballo de forma xusta. Hai compromiso por parte dalgúns dos membros cara a un traballo de calidade e apóianse uns a outros.
Aceptable

Os compañeiros mostran respecto polas ideas de cada un e dividen o traballo de forma xusta. Hai pouca evidencia de comprimiso cara á calidade do traballo en grupo.
Necesita traballo

Os compañeiros discuten ou non respectan as ideas de cada un e e as súas aportacións. A crítica non é constructiva e non se ofrece apoio. O traballo é feito por unha ó dúas persoas.
Actitude
10 %

Exemplar

Nunca critica publicamente o proxecto ou o traballo doutros.
Case sempre escoita, comparte e apoia o esforzo dos compañeiros e compañeiras.
Sempre ten unha actitude positiva cara ao traballo. Trata de manter a unión dos membros traballando en grupo.
Bo

De cando en cando critica publicamente o proxecto ou o traballo doutros.
Habitulamente escoita, comparte e apoia o esforzo dos outros. Non causa "problemas" no grupo. Ten unha actitude positiva cara ao traballo
Aceptable

Ocasionalmente critica en público o proxecto ou o traballo doutros membros do grupo. Ten unha actitude positiva cara ao traballo.
Ás veces escoita, comparte e apoia o esforzo doutros, pero algunhas veces non é un bo membro do grupo.
Necesita traballo

Con frecuencia critica en público o proxecto ou o traballo doutros membros do grupo.
Raras veces escoita, comparte e apoia o esforzo dos compañeiros e compañeiras. Con frecuencia dificulta o traballo do grupo.



Keywords:
  • Presentación traballo_en_grupo Galego







Do more with this rubric:

Preview

Preview this rubric.

Edit

Modify this rubric.

Copy

Make a copy of this rubric and begin editing the copy.


Print

Show a printable version of this rubric.

Categorize

Add this rubric to multiple categories.

Bookmark

Bookmark this rubric for future reference.
Assess

Test run

Test this rubric or perform an ad-hoc assessment.

Grade

Build a gradebook to assess students.

Collaborate

Apply this rubric to any object and invite others to assess.
Share

Publish

Link, embed, and showcase your rubrics on your website.

Email

Email this rubric to a friend.

Discuss

Discuss this rubric with other members.
 

Do more with rubrics than ever imagined possible.

Only with iRubrictm.



Copyright © 2024 Reazon Systems, Inc.  All rights reserved.
n98